InicioSociedadeAberta ao tráfico a A-6 ao seu paso por Pedrafita e circulación...

Aberta ao tráfico a A-6 ao seu paso por Pedrafita e circulación con precaución na LU-633

Foron cortadas pola neve

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) abriu ao tráfico a circulación da A-6 que, segundo o boletín actualizado, non presenta incidencias. Iso si, recomenda circular con precaución na LU-633, en ambos os casos, ao seu paso por Pedrafita do Cebreiro, xa que hai neve.

Na mañá deste xoves, axentes da Garda Civil cortaron a autovía A-6 á altura de Doncos, nas Nogais (Lugo), debido ás nevadas que regresaron nesta xornada ás zonas de montaña de Galicia.

A circulación nesta vía de conexión coa meseta xa presentaba dificultades pola neve e os camións e vehículos articulados tiñan prohibido atravesar Pedrafita do Cebreiro (Lugo).

O corte na autovía situouse a uns 10 quilómetros de Pedrafita. Ademais, nevou con forza en Becerreá e xa en Baralla, a uns quilómetros 30 de Lugo, chegáronse a instalar avisos da Garda Civil para prohibir o paso dos camións.

Ademais da A-6, tamén se viu afectada a LU-633, da rede de estradas da Xunta, entre os puntos quilométricos 0,0 e 19, en ambos os sentidos, en Pedrafita do Cebreiro, que agora está aberta ao tráfico pero coa recomendación de precaución.

+ posts

ÚLTIMAS

Un incendio forestal en Xermade queima máis de 20 hectáreas nunha tarde de lumes en Galicia

A Consellería do Medio Rural mobiliza nove aeronaves para sufocar o foco activo en Roupar, mentres Boborás baixa a Situación 2 tras arrasar 230 hectáreas e Padrón queda estabilizado.

O PP leva ao Senado a falta de cobertura móbil e fibra no rural de Lugo

A Comisión de Transformación Dixital do Senado debaterá e votará este martes unha iniciativa...

Ofrenda do Antigo Reino en Lugo durante unha xornada calorosa

A cidade de Lugo celebrou este sábado, 14 de xuño, a Ofrenda do Antigo...

Un tractor derruba parte dunha capela en Guitiriz e o condutor fuxiu do lugar

Un tractor chocou coa capela de San Xosé en San Paio de Parga, situada...