InicioSociedadeO Belén de Begonte xa supera as 20.000 visitas no seu 50...

O Belén de Begonte xa supera as 20.000 visitas no seu 50 aniversario

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Belén de Begonte, que este ano cumpre o seu 50 aniversario, superou esta semana as 20.000 visitas desde que abriu as súas portas o primeiro sábado deste mes de decembro, tal e como informou o centro cultural José Domínguez Guizán.

Todo iso, a pesar de que ata o pasado sábado, 24 de decembro, tan só puido ser visitado os sábados, domingos e festivos. Segundo sinalou o centro cultural José Domínguez Guizán, a media de asistentes cada día de apertura superou as 1.000 persoas, habendo visitantes formando cola á hora de apertura e tendo que prolongar o seu funcionamento máis aló da hora de peche fixada.

Así mesmo, os organizadores do Belén de Begonte quixeron agradecer a todos os visitantes a “paciencia demostrada” cando se produciron colas e o seu “correcto comportamento” en todo momento.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...