InicioSucesosOs bombeiros traballan na extinción dun incendio nunha casa de Guitiriz

Os bombeiros traballan na extinción dun incendio nunha casa de Guitiriz

Ata o momento da comunicación do 112, o lume aínda non fora sufocado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os profesionais do servizo de bombeiros traballan na tarde noite deste luns na extinción dun incendio declarado nunha casa de Guitiriz que, polo momento, non causou feridos.

Diso informou o CIAE 112 Galicia, que recibiu unha chamada ás 17,45 horas na que se alertaba dun lume no lugar de Trasparga.

Ata alí desprazáronse os bombeiros de Vilalba, que recibiron o apoio dos efectivos anti incendios forestais da zona para abastecelos de auga a través dunha motobomba.

Ata o momento da comunicación do 112, o lume aínda non fora sufocado.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...