InicioSociedadeSATSE denuncia de novo o colapso das urxencias pediátricas no HULA

SATSE denuncia de novo o colapso das urxencias pediátricas no HULA

O delegado en Lugo de Satse, Manolo Veiga, explicou que esta situación "provoca unha sobresaturación" nos servizos de pediatría, algo que, "unido á falta de persoal sanitario", leva "a moitas demoras".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O sindicato de enfermaría Satse volveu a denunciar, unha semana máis, o colapso das urxencias pediátricas no Hospital Universitario Lucus Agusti (HULA) e na PAC da cidade de Lugo, o de Fingoi, a causa do aumento de patoloxías respiratorias nos nenos.

Así o explicou o delegado en Lugo de Satse, Manolo Veiga, que cualificou de “moi alta” a incidencia, sobre todo, de gripe A. “Isto afecta a nenos e nenas da nosa provincia e fai que estean con patoloxías respiratorias e, ao final, acaban atendidos nas urxencias hospitalarias tanto do PAC como de urxencias“, alertou.

Esta situación, dixo Manolo Veiga, “provoca unha sobresaturación” nos servizos de pediatría, algo que, “unido á falta de persoal sanitario”, leva “a moitas demoras”.

Tirando de ironía, lamentou que se “trate de banalizar” a situación por parte da Xunta, indicando que, “a pesar de que esas patoloxías respiratorias eran banais, na última semana hai máis de 25 hospitalizados por patoloxías respiratorias” en Lugo. “Están a baixar moitísimo os pacientes de covid pero aumentan moitísimo os de gripe”, acreditou.

Veiga non dubidou en sinalar que o que está a pasar “en Madrid, repítese en Galicia”. “No PAC de Pontevedra, onde hai dous equipos de médicos e enfermaría que atenden as urxencias, agora quedan cunha enfermaría ou se pecha directamente“, alertou

“Non podemos permitir que o xerente da área de Pontevedra dea charlas de dúas horas aos enfermeiros para dicirlles que tipo de patoloxías teñen que derivar e como actuar, cando nós fixemos cursos de máis de 500 horas onde se nos ensinaba a discriminar as patoloxías urxentes, así como a forma de actuar. Isto crea gran inseguridade no persoal de enfermaría, que non é que non queira asumir esa responsabilidade, o que quere é estar cunha capacitación, unha cualificación e unha formación nese punto”, finalizou o delegado.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...