InicioLugo e contornaLugoRecambios Frain celebra o seu XXX Aniversario

Recambios Frain celebra o seu XXX Aniversario

A coñecida empresa lucense celebra a vindeira fin de semana a segunda edición da súa feira multisectorial do recambio: Expofrain.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O evento terá lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo os días 18, 19 e 20 de novembro en horario continuo de 10:00 a 20:00 horas venres e sábado e de 10:00 a 19:00 horas o domingo. Alí daranse cita os fabricantes máis importantes de todas as ramas do seu negocio: turismo, camión, agrícola, industrial, obra pública, hidráulica, pneumática, aceites e químicos, electricidade, electrónica, diagnose, pneumáticos, láminas, chapa e pintura, maquinaria de taller, etc.

Expofrain (arquivo). Imaxe cedida.

Durante as tres xornadas de feira haberá tamén técnicos das diferentes ramas que impartirán formación nas novas tendencias do recambio e outras actividades para os asistentes: visitas guiadas á cidade de Lugo e ás instalacións de Recambios Frain, restaurante, Frainkids –unha gran zona de xogos dedicada aos máis pequenos– e moito máis.

O acceso a ExpoFrain é libre e gratuíto, pero a organización aconsella aos profesionais, clientes ou non clientes, que se acrediten na súa páxina web para obter todas as vantaxes e beneficios exclusivos.

Foto de familia. Imaxe Recambios Frain

RECAMBIOS FRAIN, A EMPRESA

Recambios FRAIN foi creada en 1992 por Francisco Dourado cunha experiencia de mais de 35 anos no sector, xa que desde 1975 rexentaba outra empresa de iguais características. Os comezos foron encamiñados ao recambio agrícola, pero aos poucos fóronse incrementando seccións ata completar un abano importante delas para cubrir, na súa maioría, as necesidades dos seus clientes.

Necesitas un recambio? Frain teno

Dispoñen de recambios para a maioría dos vehículos: turismos, furgonetas, 4×4, cuadriciclos, camións, autobuses, tractores, maquinaria agrícola, maquinaria de obra pública… e contan cun taller propio para reparar todo tipo de maquinaria, con persoal especializado para facer instalacións de aire, auga e aceite nos talleres que o requiran.

Contan tamén con tenda on-line de acceso exclusivo para profesionais para adquirir os seus produtos de xeito cómodo e rápido.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...