InicioSociedadeDenunciadas 23 persoas en Lugo por mexar na vía pública na fin...

Denunciadas 23 persoas en Lugo por mexar na vía pública na fin de semana

A Policía Local tamén denunciou a catro 'gorrillas' nas inmediacións do HULA.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 23 persoas foron denunciadas esta fin de semana por ouriñar na vía pública, en lugares como Dean Fernández Varela, Clérigos, Falcón, Pío XII ou Tinería.

Os axentes do Grupo Operativo Nocturno, uniformados e de paisano da Policía Local, con vehículos rotulados e camuflados, continuaron cos dispositivos de control de establecementos públicos e condutas incívicas, especialmente aquelas que xeran maior número de queixas veciñais e comerciais relativas ao mal cheiro e problemas de salubridade.

Ademais, dous establecementos de lecer nocturno denunciados por permitir aos clientes sacar as consumicións ao exterior do local, á vía pública.

‘GORRILLAS’

Tamén durante a fin de semana, os axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio denunciaron a catro persoas que exercían a actividade de aparcacoches nas inmediacións do HULA, coñecidos como ‘gorrillas” para o que, nalgunha ocasión, introducíanse na calzada, causando o consecuente perigo tanto para eles como para o resto de usuarios.

Tamén levantaron acta para a denuncia doutras tres persoas que exercían a venda ambulante, sen autorización municipal, nas inmediacións da Praza de Abastos, para o que ocupaban parte do pavimento, obstruíndo o paso de viandantes e usuarios da propia praza, e facían uso tamén dos enreixados de peche da propia praza.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...