InicioSucesosDetido por violencia de xénero un home de 40 anos

Detido por violencia de xénero un home de 40 anos

A muller foi atopada pola Policía "chorando e moi nerviosa".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de 40 anos foi detido tras agredir á súa esposa ás 23,35 horas deste luns na avenida das Américas, en Lugo. Segundo o informe policial, o autor discutía coa súa muller e, a continuación, agarrou “fortemente” á súa esposa e empurrouna contra a parede para, despois, abandonar o lugar.

O feito foi denunciado por varios veciños da zona e dúas mulleres informaron aos corpos policiais da situación. Os axentes entrevistaron a muller agredida, que se atopaba “chorando e moi nerviosa”.

A vítima manifestou que, momentos antes do feito, discutira co seu marido posto que quería regresar ao seu domicilio, pero este impedíallo. A muller, como mencionaran os veciños, indicou que o seu esposo a agrediu ata que acudiron varias persoas ao lugar

Posteriormente, os axentes localizaron o presunto autor dos feitos. Tras recoñecer que era a súa muller e argumentar que “só discutían”, os corpos policiais arrestárono e trasladaron a dependencias policiais, onde se instrúen dilixencias para o Xulgado correspondente.

DOBRE SANCIÓN

Por outra banda, un home recibiu dúas sancións por alegar datos inexactos da súa identidade e por falta de respecto e consideración aos axentes de policía este luns –16,15 horas– na Avenida da Coruña, en Lugo.

O autor de ambas as infraccións á Lei de Seguridade Cidadá atopábase, segundo indica o Concello de Lugo, en “estado de embriaguez” e tentaba pór en marcha unha motocicleta.

O individuo, cando os axentes procedían á súa identificación, manifestou que non portaba ningún documento e indicou uns datos do seu DNI “inexactos”. Ademais, encarouse e faltou o respecto dos policías presentes.

Ante iso, os gardas trasladaron o home a dependencias policiais para realizar as oportunas dilixencias de identificación e espérase a denuncia da propietaria da motocicleta.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...