InicioSociedadePasa a disposición xudicial da Fiscalía o menor acusado dunha agresión sexual...

Pasa a disposición xudicial da Fiscalía o menor acusado dunha agresión sexual a unha compañeira de instituto en Lugo

Os menores terían arredor de 13 anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O menor acusado dunha suposta agresión sexual a unha compañeira nun instituto da cidade de Lugo pasou a disposición xudicial, neste caso, á Fiscalía de menores. O portavoz da Policía Nacional, o subinspector Manuel Arias, puntualizou sobre este caso que a policía fixo unha investigación a principios do mes de xuño.

Como consecuencia desa investigación, aclarou que “se deu conta á Fiscalía de menores e a partir de aí a investigación e as correspondentes dilixencias corresponden á autoridade xudicial”.

Non quixo entrar en máis detalles para preservar a identidade dos menores, que terían sobre trece anos, simplemente insistiu en que agora a investigación “seguirá o seu curso” e que “está en mans da autoridade xudicial baixo segredo de sumario”.

“Todo o que incumbe a este caso é competencia da Fiscalía e desde a comisaría non se fai xa ningún tipo de intervención sobre esta detención”, subliñou Arias. A agresión sexual produciuse a principios do mes de xuño e a denuncia partiu do centro, que comunicaría que dita agresión produciuse fóra do recinto escolar.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...