InicioLugo e contornaLugoUn total de dez ofertas presentáronse para construír as 152 novas vivendas...

Un total de dez ofertas presentáronse para construír as 152 novas vivendas públicas en Garabolos licitadas por 26,5 millóns

Así o sinalou este martes a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, nunha visita a Lugo, da que informou a Xunta nun comunicado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia recibiu un total de 10 ofertas para construír 152 novas vivendas públicas no barrio de Garabolos, en Lugo, licitadas por un orzamento de 26,5 millóns.

Así o sinalou este martes a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, nunha visita a Lugo, da que informou a Xunta nun comunicado.

Na súa visita, Allegue puxo en valor esta nova promoción, que abarcará máis de 23.000 metros cadrados de superficie construída, cun inmoble de baixo, 8 alturas e baixo cuberta. Serán fogares de 1, 2, 3 e 4 dormitorios, “para todo tipo de familias que encherán este barrio”. A promoción contará con servizos, comunicacións internas e será, como destacou a conselleira, “un inmoble integrado na contorna, e relacionado co espazo próximo”.

A titular de Vivenda indicou que se axilizará a adxudicación dos traballos e o obxectivo é que as vivendas sexan unha realidade en 2028.

A conselleira subliñou a aposta da Xunta pola vivenda en Lugo, unha cidade na que están en marcha máis de 600 vivendas públicas, a maior parte delas en Garabolos, onde están en obras 146 futuros fogares.

Neste momento, están tamén en licitación as obras doutras 59 vivendas en Paradai, en terreos alcanzados nunha permuta co Concello e que suporán un investimento de 11Meuro de fondos propios autonómicos. As empresas poden presentar ofertas ata o 29 de xuño.

NOVAS MEDIDAS

A conselleira lembrou as novas medidas da Xunta para facilitar que máis familias poidan acceder á vivenda protexida, como o incremento do limiar de renda a 4 veces o IPREM (4,5 para familias numerosas) e a reserva do 30% nas vivendas destinadas á venda para persoas de 36 a 45 anos con fillos a cargo.

Esta súmase á reserva de polo menos o 25% das novas vivendas públicas destinadas á venda e o 40% ao aluguer para menores de 36 anos.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

O PP pide no Senado aumentar o investimento eléctrico en Lugo tras quedar Altri sen conexión

O PP empregou a súa maioría absoluta no Senado para aprobar este martes na...

O PSOE de Lugo esixe a Candia continuar co proxecto de praia fluvial nas Saamasas

O edil socialista Jorge Bustos esixe  a Candia que Lugo non perda os avances...