InicioSociedadeBaixan os trámites xudiciais en Lugo máis dun 4% no primeiro trimestre...

Baixan os trámites xudiciais en Lugo máis dun 4% no primeiro trimestre do ano

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de asuntos en trámite nos xulgados e tribunais galegos diminuíu un 5,2% no primeiro trimestre de 2022 con respecto ao mesmo período do ano pasado. A 31 de marzo, tiñan 153.141 procedementos abertos, fronte aos 161.572 de 2021.

Así se desprende do informe publicado este venres pola Sección de Estatística do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) e do que informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), un documento que tamén reflicte que os órganos xudiciais de Galicia conseguiron superar os efectos da crise sanitaria e mellorar, mesmo, os datos previos a 2020. De feito, en 2019, o ano anterior á pandemia, tiñan ao termo do primeiro trimestre 154.323 casos en trámite, un 0,7% máis que este ano.

Entre xaneiro e marzo os xulgados e tribunais de Galicia ingresaron 83.615 procedementos, un 2,3% máis que no mesmo período de 2021, e resolveron 86.088 asuntos (323,64 de media por órgano xudicial), un 1,2% menos. A taxa de litixiosidade, é dicir, o número de procedementos por cada mil habitantes, situouse en 31,1, fronte aos 35,7 de media estatal.

O informe, ademais, indica que o 1 de xaneiro os órganos xudiciais tiñan 155.909 asuntos en trámite, un 7,2% menos que na mesma data de 2021, o que, conforme sinalou o TSXG, demostra o esforzo realizado o ano pasado por todo o persoal da Administración de Xustiza para superar a pandemia, que en 2020 provocou a paralización dos prazos procesuais.

DATOS POR PROVINCIAS

Así mesmo, no tres primeiros meses do ano, na provincia da Coruña resolvéronse 31.132 asuntos e ingresaron 30.902, un 2,3% máis que no mesmo período de 2021. Pontevedra recibiu 29.443 casos e finalizou 30.599 (0,4% máis). Na provincia de Lugo entraron 9.116 novos procedementos e, na de Ourense, 8.801, dos que se resolveron 9.561 (un 5,1% menos) e 9.410 (0,7% máis), respectivamente.

A Coruña e Pontevedra tiñan en trámite ao comezo do primeiro trimestre deste ano 64.570 e 49.942 asuntos, respectivamente, e, ao finalizalo, quedaron abertos na Coruña 64.335 (un 5,3% menos que en 2021) e, en Pontevedra, 48.665 (5,9% menos que o ano pasado).

Os xulgados de Lugo iniciaron o período con 19.880 casos sen resolver e finalizárono con 19.224, é dicir, un 4,4% menos que o ano pasado nas mesmas datas. A provincia de Ourense tiña en trámite ao comezo do primeiro trimestre 13.946 asuntos e, ao terminalo, 13.379, un 10% menos.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco será o pregoeiro da XXIX Festa do Queixo de San Simón

Vilalba acolle esta fin de semana unha nova edición, e xa van vinte e...

Ofertan 100 prazas para labores de panadaría nunha compañía do sector da alimentación de Lugo

Adecco publicou este mércores unha oferta de emprego de 100 prazas para labores de panadaría nunha compañía...

Dous cabalos soltos en pleno centro de Lugo

A Policía Local de Lugo informou de que, o pasado 28 de marzo, localizou na Avenida...

Ferido un neno despois de ser atropelado en Baralla ao baixar do autobús escolar

Un neno resultou ferido este xoves ao sufrir un atropelo en Baralla. Segundo informou...