InicioSucesosDerrúbase parte dun viaduto en obras na A-6 entre León e Pedrafita

Derrúbase parte dun viaduto en obras na A-6 entre León e Pedrafita

Non houbo que lamentar desgrazas persoais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un tramo dun cincuenta metros da ponte do Castro, entre a localidade leonesa do Castro e o municipio de Pedrafita do Cebreiro, derrubouse esta mañá, sen que houbese que lamentar desgrazas persoais.

O desprendemento afectou un tramo duns 50 metros entre dous alicerces do referido viaduto que desde hai case un ano está a ser obxecto de traballos de reparación, aínda que o outro viaduto provisto de dous carrís en dirección Madrid continúa aberto ao tráfico.

A alcaldesa de Vega de Valcarce (León), á que pertence O Castro, María Luisa González, en declaracións a Europa Press, felicitouse de que o accidente se saldase sen feridos e lembrou que “xa se sabía, polos técnicos, que os traballos de reparación neste viaduto non ían resultar fáciles, como así acabou hoxe a historia, debido á súa grave deterioración xa que soporta moita circulación”.

Ante o ocorrido, a rexedora confesa un certo temor. “Home, méteseche o medo no corpo, pero supoño que cando reparen a ponte quedará todo en perfectas condicións”, apuntou María Luisa González, quen confía en que unha vez concluídas as obras mellorará de forma notable a comunicación na zona, onde un dos viadutos permanece agora aberto e con respecto ao sinistrado o tráfico do Castro derívase pola antiga N-6.

“Queremos que os traballos terminen canto antes porque As Lamas e O Castro non poden acceder pola N-6 cara a Pedrafita, antes si que o facían e agora teñen que baixar á Portela. Pero o que nos interesa é que os viadutos queden en perfectas condicións”, salientou a alcaldesa.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo recuperará unha aula infantil pechada desde a pandemia para acabar coa lista de agarda: 12 novas prazas en 2027

A conciliación familiar continúa sendo unha das principais preocupacións para os fogares con nenos...

Lugo activa o plan contra as nevaradas: 42 camións e 9.250 toneladas de sal para manter abertas as estradas

A chegada do inverno volve poñer o foco nun dos principais desafíos para a...

Detido tras agredir a unha auxiliar de enfermaría no hospital de Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo un home por agredir unha auxiliar de enfermaría...

Ferido ao caer co coche por un barranco de 30 metros en Becerreá

Unha persoa resultou ferida despois de precipitarse por un barranco duns 30 metros o...