InicioSociedadePídenlle 6 anos de cárcere por apropiarse de 70.000 euros dunha tía...

Pídenlle 6 anos de cárcere por apropiarse de 70.000 euros dunha tía que padecía demencia

A defensa asegura que o home retirou eses cartos para coidar da súa tía.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O home acusado de apropiarse de máis de 70.000 euros da súa tía que padecía demencia negou os feitos no xuízo iniciado este mércores en Lugo na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo. A Fiscalía solicita seis anos de cárcere para este home, a mesma petición que traslada a acusación particular, en tanto que a defensa reclama a libre absolución.

Segundo relata o Ministerio Fiscal no seu escrito de cualificación, a vítima foi diagnosticada de demencia en 2014 e, dado que presentaba unha deterioración cognitiva considerable concedía un poder especial ao seu sobriño, o procesado, “conferíndolle amplas facultades para administrar o seu patrimonio, incluíndo os referentes a disposición de fondos e cancelación das contas correntes das que a vítima era titular”.

Á vista da confianza, a muller designou ao acusado como persoa autorizada nas contas que posuía en tres entidades bancarias, apropiándose nunha delas de 70.600 euros.

Así, o 15 de marzo de 2016 o acusado traspasou dita cantidade a outra conta da entidade da que era titular o acusado xunto á súa muller. O avogado, José López, antes de entrar no xuízo xa adiantaba que ía solicitar a “libre absolución”, negando os feitos polos que se xulgaba ao seu cliente.

López advertiu seguidamente que “consideran que non hai ningún tipo de delito”, para asegurar que, por iso, non se alcanzou “ningún tipo de acordo, nin se expón” coas acusacións. Finalmente aclarou que ao acusado impútaselle unha “apropiación indebida que tampouco hai”, para puntualizar que coidara da anciá.

ÚLTIMAS

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...

A 173 km/hora onde só se permite 80: un condutor é investigado en Lugo por exceso de velocidade

A Garda Civil investiga ao condutor dunha moto, de 45 anos de idade, por...

Morre un motorista tras chocar contra o peche dunha leira en Castro de Rei

Un motorista de 66 anos, JMCF, faleceu este mércores ao sufrir unha saída de...

Lugo medirá o ruído ambiente en tempo real durante o San Froilán

A xunta de goberno do Concello de Lugo autorizou este mércores a adquisición dun...