InicioSociedadeNon baixan os contaxiados de Covid na provincia; 67 novos casos nas...

Non baixan os contaxiados de Covid na provincia; 67 novos casos nas últimas horas

Baixan as hospitalizacións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 seguen en ascenso en Galicia ata os 15.515, tras detectarse outros 1.258 contaxios –126 menos que o día anterior–, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus descenden a 707, que implican 28 menos. En canto á taxa de positividade aumentan a un 34,4 por cento no conxunto da Comunidade galega.

Segundo os datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do xoves, recollidos por Europa Press, descenden a 24 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –tres menos– e baixan a 683 as ingresadas en unidades convencionais –25 menos–, mentres que 14.808 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. O pasado venres, 6 de maio, había 676 hospitalizados, deles 18 en UCI.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en seis das sete e soamente aumenta lixeiramente na de Santiago e Barbanza. Na de Lugo queda un en críticos –un menos– e hai 67 noutras unidades –sete menos–.icos –un máis– e baixan a 71 os hospitalizados noutras unidades –dous menos–.

CASOS EN AUMENTO

Os casos activos aumentan de novo por segunda xornada consecutiva ata os 15.515 en Galicia, que constitúen 492 máis que a xornada anterior ao haber máis contaxios (1.258) que altas (761), ao que se suman cinco falecementos. Hai unha semana, o venres 6 de maio había 17.508 infeccións activas.

O aumento é xeneralizado nas sete áreas sanitarias, coa de Ourense á fronte (+93), Santiago e Barbanza (+88), A Coruña e Cee (+76), Vigo (+76) e Lugo (+67), que qu3eda con 2.137 casos activos.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo recuperará unha aula infantil pechada desde a pandemia para acabar coa lista de agarda: 12 novas prazas en 2027

A conciliación familiar continúa sendo unha das principais preocupacións para os fogares con nenos...

Lugo activa o plan contra as nevaradas: 42 camións e 9.250 toneladas de sal para manter abertas as estradas

A chegada do inverno volve poñer o foco nun dos principais desafíos para a...

Detido tras agredir a unha auxiliar de enfermaría no hospital de Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo un home por agredir unha auxiliar de enfermaría...

Ferido ao caer co coche por un barranco de 30 metros en Becerreá

Unha persoa resultou ferida despois de precipitarse por un barranco duns 30 metros o...