InicioSociedadeBaixan os casos Covid en Lugo pero aumentan os hosptilalizados

Baixan os casos Covid en Lugo pero aumentan os hosptilalizados

Hai 18 novos ingresados polo coronavirus.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os hospitalizados pola Covid-19 en Galicia volven superar os 700 ao repuntar a 734, que supoñen 85 máis que os rexistrados o sábado –os domingos a Xunta non actualiza os datos–, dos cales 12 permanecen en UCI. De feito, tres áreas sanitarias do sete xa non contan con ingresados en unidades de críticos: Ourense, Lugo e Pontevedra-O Salnés. Pola súa banda, os casos activos descenden a 15.553, tras detectarse 1.764 novos contaxios esta fin de semana pasada. A taxa de positividade é de case o 30%, cando o recomendado pola OMS é menos dun 5%.

Segundo os datos actualizados este luns pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do domingo, recollidos por Europa Press, descenden a 12 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –dúas menos–, pero aumentan a 722 as ingresadas en unidades convencionais –87 máis desde o sábado–. Polo seu lado, 14.819 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana –o luns 2 de maio– había 745 hospitalizados, deles 21 en UCI.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta nas sete. Así, na área de Lugo non ten críticos –un menos– e conta con 80 ingresados noutras unidades –18 máis--.

MENOS CASOS ACTIVOS

Os casos activos descenden a 15.553, que supoñen 1.808 menos que os rexistrados o sábado pasado, ao haber máis altas (3.565) que contaxios (1.764) nos dous últimos días, ao que hai que sumar sete falecementos. O luns pasado –2 de maio– había 16.581 infeccións activas.

O descenso de casos activos é xeneralizado nas sete áreas sanitarias, coa de Lugo á cabeza (-393). Deste xeito, o número total de casos activos na provincia é de  2.199.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...