InicioSociedadeAs obras no firme da N-540, en Guntín, obrigarán a restrinxir o...

As obras no firme da N-540, en Guntín, obrigarán a restrinxir o tráfico desde o luns

O Ministerio de Transportes asegura que "se mellorará a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana comunicou que o luns 2 de maio iniciará as obras de rehabilitación estrutural do firme da estrada de Guntín, entre os quilómetros 17,260 e 18,420 da N-540, que une Lugo e Ourense, nun trazado paralelo á autovía A-54.

Para poder levar a cabo a obra, avanzou que mentres duren os traballos se efectuará o corte dun carril e se dará paso alternativo polo carril contrario. Así, de luns a xoves a circulación verase restrinxida entre as 08,00 horas e as 20,00 horas, mentres que o venres será de 08,00 horas ata as 13,00 horas.

Nunha nota de prensa, o Ministerio explicou que os traballos se centrarán fundamentalmente na eliminación parcial e a reposición das capas do firme, “nun espesor variable en función das deterioracións observadas en cada tramo, incluíndo calzada beiravías e zonas de aparcadoiro”.

Así mesmo, efectuarase a reposición da sinalización horizontal mediante o repintado das marcas viarias existentes. Deste xeito, o Ministerio asegura que “se mellorará a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios da N-540”.

Ademais, instalaranse carteis informativos nas glorietas dos quilómetros 13,500 e 18,600 da N-540, recomendando o desvío do tráfico pesado pola A-54.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...