InicioSociedadeSoben os casos covid en Lugo, pero xa non hai ningún paciente...

Soben os casos covid en Lugo, pero xa non hai ningún paciente en UCI

A Semana Santa comeza cunha leve repunta de casos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia encara o inicio desta semana Santa cun aumento dos casos activos de Covid-19 ata os 11.626 –implican 138 máis que o día anterior–, de hospitalizados, con 488 –supoñen 15 máis–; e de novos contaxios, con 1.276 –case 200 máis–. Pola súa banda, a taxa de positividade repunta a un 30,5% no conxunto de Galicia, seis veces máis do recomendado pola OMS.

Segundo os datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do xoves, recollidos por Europa Press, aumentan a 20 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –tres máis– e a 468 as hospitalizadas en unidades convencionais –12 máis–, mentres que 11.138 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a de Lugo destaca como a única das sete galegas sen pacientes críticos –a xornada pasada contaba cun– e rexistra 39 noutras unidades –sen cambios–.

AUMENTAN OS CASOS

A tendencia descendente continua de casos activos de Covid-19 desde a entrada en vigor o pasado 28 de marzo de novo protocolo de vixilancia da Covid-19 polo que xa non se contabilizan os autotest e non se fan illamentos salvo excepcións, freouse ao aumentar a 11.626, que supoñen 138 máis que o día anterior, ao haber máis contaxios (1.276) que altas (1.134), ao que se suman catro falecementos. Hai unha semana –o venres 1 de abril– había 18.965 infeccións activas. Os casos activos aumentan na área de Lugo (+16) e volven subir ata os 1.619 casos.

+ posts

ÚLTIMAS

PSOE e PP enfróntanse en Lugo polo mitin de Besteiro: acusacións de “sectarismo” e “manipulación”

A campaña electoral das eleccións xerais do 29 de novembro chega á súa recta...

Lugo recuperará unha aula infantil pechada desde a pandemia para acabar coa lista de agarda: 12 novas prazas en 2027

A conciliación familiar continúa sendo unha das principais preocupacións para os fogares con nenos...

Lugo activa o plan contra as nevaradas: 42 camións e 9.250 toneladas de sal para manter abertas as estradas

A chegada do inverno volve poñer o foco nun dos principais desafíos para a...

Detido tras agredir a unha auxiliar de enfermaría no hospital de Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo un home por agredir unha auxiliar de enfermaría...