InicioSociedadeVolven subir o número de casos activos na provincia

Volven subir o número de casos activos na provincia

Incrementanse en 23 co que o número total de contaxiados sobe a 1.603.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 seguen en descenso ao situarse en 11.488 no conxunto de Galicia, así como os pacientes hospitalizados, que baixan a 473 –supoñen seis menos que a xornada anterior–, aínda que deles 17 en UCI –tres máis–, mentres que os novos contaxios continúan por encima do milleiro –uns 65 máis–. Pola súa banda, a taxa de positividade sobe ata o 25,19%.

Segundo os datos actualizados este xoves pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do mércores, recollidos por Europa Press, soben a 17 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –tres máis–, pero baixan a 456 as hospitalizadas en unidades convencionais –nove menos–.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria mantense en Lugo, con 39 pacientes en planta –sen cambios– e un en UCI –un menos–.

CASOS 

Segue en Galicia a tendencia descendente dos casos activos desde a entrada en vigor o pasado 28 de marzo de novo protocolo de vixilancia da Covid-19 polo que xa non se contabilizan os autotest e non se fan illamentos salvo excepcións, e redúcense a 11.488, que supoñen uns 117 menos respecto da xornada anterior ao haber de novo máis altas (1.189), que contaxios (1.077), ao que se engaden varios falecementos. Con todo, aumentan en Lugo (+23) polo que o número de contaxiados volve subir a 1.603.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...