InicioSociedadeAumentan os contaxios e os hospitalizados con Covid en Lugo

Aumentan os contaxios e os hospitalizados con Covid en Lugo

É xunto coa de Vigo, a área hospitalaria onde hai un aumento de casos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia rexistra outro milleiro de novos contaxios de Covid-19 e un aumento dos pacientes hospitalizados por este coronavirus ata os 466 –que supoñen catro máis que a xornada anterior–, mentres que os casos activos descenden a 18.965, que constitúen 253 menos. Pola súa banda, a taxa de positividade repunta a case un 26 por cento, cinco veces máis do permitido pola Organización Mundial da Saúde (OMS).

Segundo os datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do xoves, recollidos por Europa Press, seguen 24 persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia e aumentan a 442 as hospitalizadas en unidades convencionais –catro máis–, mentres que 18.499 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana –o venres 25 de marzo– había 448 hospitalizados, 21 deles en críticos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta na de Lugo, onde soben a tres os críticos –un máis– e a 38 os doutras unidades –dous máis–.

CASOS ACTIVOS

Os casos activos de Covid-19 descenden por quinta xornada consecutiva no conxunto de Galicia e sitúanse en 18.965, que representan 253 menos que o día anterior ao haber de novo máis altas (1.283) que contaxios (1.032), ao que se suman dous falecementos. Pero aumentan na área de Lugo (+4) que queda con 2.311 contaxiados.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...