Os novos contaxios de Covid-19 mantéñense por segundo día por baixo dos 2.000 diarios en 1.291 en Galicia e os casos activos baixan a 20.876 –que supoñen uns 960 menos que os rexistrados a xornada anterior–, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus aumentan a 467 –catro máis– en Galicia no comezo desta semana na que entrou en vigor o novo protocolo de vixilancia e control deste virus, que elimina os illamentos aos positivos e déixase de facer probas diagnóstica á poboación xeral.
Segundo os datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do luns, recollidos por Europa Press, mantéñense 25 persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia e ascenden a 442 as hospitalizadas en unidades convencionais –catro máis–, mentres que 20.409 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana –o martes 22 de marzo– había 436 hospitalizados, 18 deles en críticos.
Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase na de Lugo, onde quedan dous en UCI –un menos– e hai 34 ingresados noutras unidades –dous menos–.
CASOS ACTIVOS
A tendencia descendente dos casos activos de Covid-19 mantense por segunda xornada consecutiva ao baixar a 20.876, que implican 963 menos que os rexistrados no inicio desta semana ao haber de novo máis altas (2.247) que contaxios (1.291), ao que se engaden sete falecementos. O descenso de casos é xeneralizado e a de Lugo baixa (+56), quedando con 2.438 casos.