InicioSociedadeSeguen aumentando os casos Covid en Lugo despois do Entroido

Seguen aumentando os casos Covid en Lugo despois do Entroido

Hai 120 novos contaxiados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 superaron de novo os 2.000, que supoñen uns 120 máis que a xornada anterior, tras o que os casos activos increméntanse a 18.561 –máis dun milleiro que o día pasado–, mentres que os pacientes hospitalizados descenden a 379 –que constitúen 18 menos–. Polo seu lado, a taxa de positividade descende a un 10,6 por cento.

Segundo os datos actualizados este xoves pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do mércores, recollidos por Europa Press, por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase na de Lugo onde hai un paceinte en críticos e caen a 41 os doutras unidades –dous menos–.

CASOS EN ASCENSO

En canto aos casos activos de Covid-19 mantense a tendencia ascendente por terceira xornada consecutiva en Galicia, tras iniciarse esta semana cun descenso, polo que se sitúan en 18.561, que implican 1.099 máis que o día anterior, ao haber de novo máis contaxios (2.027) que altas (926), ao que se engaden varios falecementos. Así, as infeccións activas ascenden en 120 novos casos en Lugo, que crece ata os 2.226 contaxiados.

+ posts

ÚLTIMAS

PSOE e PP enfróntanse en Lugo polo mitin de Besteiro: acusacións de “sectarismo” e “manipulación”

A campaña electoral das eleccións xerais do 29 de novembro chega á súa recta...

Lugo recuperará unha aula infantil pechada desde a pandemia para acabar coa lista de agarda: 12 novas prazas en 2027

A conciliación familiar continúa sendo unha das principais preocupacións para os fogares con nenos...

Lugo activa o plan contra as nevaradas: 42 camións e 9.250 toneladas de sal para manter abertas as estradas

A chegada do inverno volve poñer o foco nun dos principais desafíos para a...

Detido tras agredir a unha auxiliar de enfermaría no hospital de Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo un home por agredir unha auxiliar de enfermaría...