InicioLugo e contornaLugoDetido un home por agredir á súa parella nunha rúa de Lugo...

Detido un home por agredir á súa parella nunha rúa de Lugo tras ser retido por gardas civís fóra de servizo

O home estaba moi violento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home de 41 anos de idade por un suposto delito de violencia de xénero tras agredir á súa parella na vía pública, onde foi retido por cinco gardas civís fóra de servizo que se atopaban pola zona e viron como o home agarraba á muller polo pescozo e lle daba varias labazadas.

Segundo relatou a Policía Local, sobre as 4,00 horas do pasado sábado 5 de marzo efectivos do Grupo Operativo Nocturno foron enviados á Praza do Campo porque axentes da Garda Civil fóra de servizo tiñan retido a un home que agredira a unha muller.

Ao chegar, os policías comprobaron que cinco axentes do Subsector de Tráfico da Garda Civil foran testemuñas de como un home, segundo indican as mesmas fontes municipais, “agarraba polo pescozo a unha muller, empuxáraa e propinaralle varias labazadas”, motivo polo cal se dirixiron á carreira cara ao lugar, onde separaron á vítima do agresor e impedíronlle que continuase golpeándoa, á vez que informaron á Policía Local.

O grupo de cinco axentes da Garda Civil estaba composto por tres homes e dúas mulleres, que protexeron á vítima mentres os seus compañeiros se facían cargo do agresor para “impedir que continuase os malos tratos físicos”, sinalan as mesmas fontes.

“ALTERADO”

A Policía Local apuntou que o home se atopaba “bastante alterado, desafiante e en actitude retadora” ata que chegaron os axentes municipais.

Pola súa banda, a muller manifestou “chorando e bastante alterada”, sinalan as mesmas fontes policiais, que “só foi unha discusión de parella”, que era a primeira vez que lle pasaba e que levaba dez anos de convivencia co home.

Finalmente, os axentes da Policía Local detiveron ao home, de 41 anos de idade, que foi trasladado a dependencias policiais, onde se instruíron dilixencias por un suposto delito de violencia de xénero. A vítima, puntualizan as mesmas fontes, rexeitou ser atendida polos servizos médicos e foi trasladada a dependencias policiais para prestar declaración.

En relación ao sucedido, a Policía Local de Lugo destaca a “rápida e decidida” intervención dos axentes do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo fóra de servizo, que “impediu que o agresor puidese causar máis dano á súa parella”, conclúe.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...