InicioSociedadeO pai de Desirée Leal denunciará tamén ao noivo de Ana Sandamil...

O pai de Desirée Leal denunciará tamén ao noivo de Ana Sandamil por falso testemuño

Esta denuncia súmase á interposta contra os avós maternos e a directora do colexio polo mesmo motivo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pai de Desirée Leal, a nena de sete anos asasinada pola súa nai en Muimenta, estenderá ao noivo de Ana Sandamil a denuncia por falso testemuño que tamén presentará contra os avós maternos e a directora do colexio ao que acudía a súa filla.

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou, de acordo co veredicto do tribunal do xurado, a prisión permanente revisable a Ana Sandamil polo asasinato da súa filla. Na sentenza, emitida o pasado luns, o tribunal considera a Sandamil autora dun delito de asasinato, coa agravante de parentesco e a atenuante de alteración mental ou psíquica, aínda que de carácter “leve”.

Tras coñecerse o fallo, José Manuel Leal sinalou que “se fixo xustiza” coa súa filla, á que a nai tentou envenenar con sedantes previamente para acabar asfixiándoa ata a súa morte. “A xustiza non me defraudou. Teño que agradecer a toda a xente que me apoiou, tamén grazas á Garda Civil por un traballo excelente e intachable”, correspondeu.

Durante o xuízo, Leal mantivo que ía denunciar varios “falsos testemuños”, entre outros pola declaración dos avós maternos e a directora do colexio onde cursaba Desirée por non detectar un acoso escolar á pequena. Agora estende esa denuncia “tamén ao noivo da asasina que foi mentir”. “En realidade todos os testemuños que levou (Ana Sandamil) foron mentir, tería que denuncialos a todos”, manifestou.

Finalmente confesa que se sentiu “algo aliviado” coa sentenza, aínda que asegurou que ten coñecemento de que os pais da asasina probablemente recorrán ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o que demorará aínda máis ese relativo consolo tras a condena a Ana Sandamil á prisión permanente revisable por asasinar á súa filla, Desirée Leal.

ÚLTIMAS

Lugo inicia os trámites para abrir o novo comedor escolar de Fingoi II tras o anuncio da Xunta

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Educación, Iria...

Lugo promocionará en FITUR a súa rede museística coa campaña ‘Lugo é o match’

O Concello de Lugo participará de novo na Feira Internacional de Turismo (FITUR), que...

Detido un home por un delito de lesións tras unha pelexa na mañá de Aninovo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a unha persoa como presunta...

O Concello de Lugo recepciona o aparcadoiro da Avenida de Breogán enmendarse as deficiencias

O Concello de Lugo anunciou que finalmente recepcionará o aparcadoiro da Avenida de Breogán,...