InicioCulturaRosalía de Castro 'sobe' ao escenario de varias comarcas lucenses

Rosalía de Castro ‘sobe’ ao escenario de varias comarcas lucenses

A obra 'Libre coma os paxaros' de Teatro do Atlántico permite transitar polo pensamento da autora e polo seu compromiso diante dos conflitos do seu tempo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo levará a obra teatral ‘Libre coma os paxaros’ de Teatro do Atlántico a Meira, Sarria, A Pobra do Brollón, Chantada e Ribadeo durante os meses de marzo e abril. A xira desta obra, artellada en base a textos da propia Rosalía de Castro, forma parte do programa posto en marcha pola área de Cultura o pasado 23 de febreiro, co que puxo a
disposición de concellos e asociacións diversas propostas culturais sobre a figura e obra da poeta.

DRAMATURXIA SOBRE TEXTOS DE ROSALÍA

A base fundamental para a elaboración da posta en escena do espectáculo,  dirixido por Xulio Lago, son os propios textos de Rosalía de Castro  -poesía, artigos, prosas, lieders- que permiten transitar polo pensamento da autora e polo seu compromiso diante dos conflitos e acontecementos presentes na sociedade do seu tempo.

Follas Novas, Cantares Galegos, La Flor, En las orillas del Sar, Las Literatas, A mi madre,
xunto cos prólogos, noticias da prensa do seu tempo, e datos extraídos de publicacións e
documentos presentes na obra de diversas estudosas e estudosos da vida e da obra da autora conforman o conxunto biobibliográfico do que foi extraído o material que configura o espectáculo.

É a propia Rosalía de Castro, interpretada por María Barcala, a que desde o escenario, cos código propios do teatro, establece a comunicación co público, mostrándose como unha muler en loita a prol da igualdade de xénero, contra a violencia machista, que denuncia a desigualdade social e os atentados contra o equilibrio ecolóxico ou o drama da emigración.

CALENDARIO

A obra manterase en xira polas comarcas da provincia durante os meses de marzo e abril, co seguinte calendario:

Sarria
Casa da Cultura, venres 11 de marzo, ás 20.00 horas
A Pobra do Brollón
Casa da Cultura Olga Novo, venres 13 de marzo, ás 19.00 horas,
Chantada
Auditorio Municipal, venres 18 de marzo, ás 20.00 horas
Meira
Xoves, 14 de abril ás 19.00 horas. Casa da Cultura
Ribadeo
Auditorio Hernán Naval, domingo 24 de abril ás 20.00 horas

+ posts

ÚLTIMAS

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

Centos de persoas protestan en Lugo pola retirada da bandeira palestina do Vello Cárcere tras a chegada de Elena Candia á Alcaldía

Centos de persoas concentráronse este sábado en Lugo para rexeitar a retirada da bandeira...

Elena Candia acompaña á Garda Real en Lugo no seu segundo día como alcaldesa

Elena Candia participou este sábado nos actos organizados pola Garda Real na cidade de...

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...