InicioSociedadeA provincia de Lugo a piques de baixar dos 2.000 casos activos...

A provincia de Lugo a piques de baixar dos 2.000 casos activos de Covid

Houbo máis dun cento de casos menos nas últimas 24 horas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia comeza este mes de marzo cunha baixada das persoas hospitalizadas pola Covid-19, que se reducen a 434 –supoñen 26 menos que o día anterior–; mentres que os novos contaxios, tras dous días por baixo do milleiro, ascenden a 1.287. Os casos activos seguen en descenso ata os 16.865 e a taxa de positividade cae a un 8,8 por cento no conxunto da Comunidade galega.

Segundo os datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do luns, recollidos por Europa Press, aumentan a 27 as persoas ingresadas en UCI debido á Covid-19 en Galicia –unha máis–, pero descenden a 407 as hospitalizadas en unidades convencionais –27 menos–, mentres que 16.431 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase na de Lugo.

MENOS CASOS

Este mes de marzo comeza con 16.865 casos activos, que implican 1.203 menos que os rexistrados o día anterior, ao haber de novo máis altas (2.486) que contaxios (1.287), ao que se suman catro falecementos. Hai unha semana –o martes 22 de febreiro– había 24.102 infeccións activas.

De novo a redución de casos activos é xeneralizada nas sete áreas sanitarias de Galicia. Na de Lugo hai 106 casos menos e queda con 2.132 casos activos.

FALECIDOS

As persoas falecidas pola Covid-19 desde o inicio desta pandemia aumentan a 3.109 en Galicia despois de notificar este martes a Consellería de Sanidade outro catro óbitos, todos correspondentes a pacientes con patoloxías previas, deles unha da área de Lugo. Así o 25 do mes pasado faleceu unha muller de 89 anos.

+ posts

ÚLTIMAS

A edil non adscrita, María Reigosa, permite aprobar os orzamentos de Lugo co seu voto

O goberno local de Lugo logrou sacar adiante de forma definitiva os orzamentos para...

O PSdeG acusa á Xunta de “falta de planificación” ante a “deterioración” da Atención Pirmaria en Lugo

O PSdeG advertiu este xoves do progresivo empeoramento da atención primaria na provincia de...

O Plan Deputación prevé 300 actuacións e máis de 270 novos empregos nos 67 concellos

O goberno provincial de Lugo levará ao pleno ordinario do mes de marzo o...

FAPACEL denuncia a “desatención” do alumnado con necesidades especiais pola falta de coidadores

A Federación de Asociacións de Nais e Pais de Centros Educativos de Lugo (FAPACEL)...