InicioA UlloaBaixan os contaxios en Lugo pero soben os hospitalizados

Baixan os contaxios en Lugo pero soben os hospitalizados

Lugo queda con 3.210 contaxiados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de covid-19 descenden en Galicia por baixo dos 30.000, ata os 28.539, tras rexistrar 2.112 infeccións menos nas últimas 24 horas. Tamén baixan os contaxios, que se manteñen por segundo día consecutivo por baixo dos 2.000 (1.461 máis que na xornada anterior). Con todo, a carga asistencial increméntase lixeiramente este domingo, con seis ingresados máis nos hospitais galegos. A taxa de positividad, pola súa banda, descende ata o 13,23%.

Segundo os datos actualizados este domingo polo Sergas -solicitados ata as 18,00 horas do sábado– e recolleitos por Europa Press, a Comunidade conta con 575 hospitalizados con coronavirus, 543 en unidades convencionais (sete máis) e 32 en UCI (un menos).

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria sobe en catro, entre elas, en Lugo, que conta con 53 persoas hospitalizadas en planta (cinco máis) e unha en UCI (sen cambios).

CASOS ACTIVOS

Os casos activos baixan en todas áreas, liderando a relación o distrito sanitario de Vigo, con 577 infeccións menos; seguido da Coruña (-501); Santiago (-312); Pontevedra (-240); Lugo (-213); Ourense (-138) e Ferrol (-65). Así as cousas, Lugo queda con 3.210 contaxiados.

+ posts

ÚLTIMAS

PSOE e PP enfróntanse en Lugo polo mitin de Besteiro: acusacións de “sectarismo” e “manipulación”

A campaña electoral das eleccións xerais do 29 de novembro chega á súa recta...

Lugo recuperará unha aula infantil pechada desde a pandemia para acabar coa lista de agarda: 12 novas prazas en 2027

A conciliación familiar continúa sendo unha das principais preocupacións para os fogares con nenos...

Lugo activa o plan contra as nevaradas: 42 camións e 9.250 toneladas de sal para manter abertas as estradas

A chegada do inverno volve poñer o foco nun dos principais desafíos para a...

Detido tras agredir a unha auxiliar de enfermaría no hospital de Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo un home por agredir unha auxiliar de enfermaría...