InicioSociedadeUn pai de Muxía percorrerá 114 quilómetros dende Sarria para visibilizar a...

Un pai de Muxía percorrerá 114 quilómetros dende Sarria para visibilizar a falta de pediatras

É a segunda andaina reivindicativa que organiza a Asociación Pediatras e Matronas XA.

PUBLICADA O

- Advertisement -

“A miña filla ten dous anos e vexo de primeira man como afectan os recortes en Sanidade. Non se fan os seguimentos necesarios e, en caso de enfermidade, ir a urxencias non é unha solución, aínda menos na situación sanitaria actual”. Así se manifestou Álex Peña, un pai residente en Muxía, que decidiu emprender este venres un camiño de 114 kilómetros a pé dende Sarria a Compostela. O obxectivo: visibilizar a falta de pediatras e matronas, unha problemática común en moitos municipios galegos que se está a coverter “nun mal crónico”.

Para emprender a fazaña, Álex  Peña peregrinará cara Compostela coa  bandeira da asociación de Pediatras e Matronas Xa. “Case nunca se cubren as baixas. En Muxía levamos máis de tres meses sen pediatra no último ano”, lamenta.

Así as cousas, esta andaina non será a primeira que realice a asociación, xa que realizou unha peregrinación simbólica pola Costa da Morte o pasado mes de Novembro que culminou en Santiago, onde se uniu coa protesta organizada por SOS Sanidade Pública, que tivo un “respaldo multitudinario”. A súa presidenta, Vanessa Viquendi, recalca que “precisamos darnos conta de que non é un problema illado, senon transversal a centos de municipios galegos. Debemos unir forzas para evitar que a situación continúe deteriorándose”. O progreso da camiñata poderase seguir na conta de Instagram e Facebook da asociación.

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Un mozo que violou a unha menor dúas veces nun hotel de Lugo evita o cárcere tras un acordo

Un mozo de Lugo logrou evitar o cárcere tras aceptar unha condena de dous...

Acordo entre Xunta e Concello de Lugo para reformar xa a rúa Serra de Meira con 937.000 euros

O Goberno galego e o Concello de Lugo desbloquearon a reforma da rúa Serra...

O Concello amosa a súa “preocupación” ante o “atraso” na autovía Nadela-Sarria

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, expresou este martes a súa "profunda preocupación" polo novo...