InicioLugo e contornaLugoXubilados de Lugo en guerra contra os bancos: propoñen "un boicot" contra...

Xubilados de Lugo en guerra contra os bancos: propoñen “un boicot” contra os caixeiros

Trátase dunha "forma de protesta silenciosa, a ver se iso dá resultado e os bancos aos poucos van variando o seu criterio en canto ao tratamento cara ás persoas maiores".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Xubilados de Lugo fixeron un chamamento este xoves a participar do “boicot” a realizar operacións con cartóns de crédito o sábado 5 de febreiro e o 5 de marzo.

O presidente da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo, Julio Méndez, anunciou que van “tentar” durante eses días que “a xente non utilice o seu cartón de crédito en ningún caixeiro”.

Méndez subliñou que se trata dunha “forma de protesta silenciosa, a ver se iso dá resultado e os bancos aos poucos van variando o seu criterio en canto ao tratamento cara ás persoas maiores”.

Tamén aproveitou para responder ao presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, quen subliñou que o “30 por cento” dos seus clientes son persoas “maiores”. “Escotet está no seu despacho e non ten nin idea do que ocorre nas oficinas. O seu criterio non é precisamente para definir a realidade do que ocorre cos clientes de Abanca e do resto de entidades”, queixouse.

Finalmente, volveu poñer o acento nos problemas que lles expón a “banca privada” en canto a horarios e tamén operacións que lles obrigan a facer a través de Internet.

“Se cadra nunha entidade determinada pode haber unha mellor atención, pero a tónica xeral é pór trabas á atención presencial dos clientes“, concluíu o presidente da asociación.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...