InicioA UlloaAlivio no número de contaxios covid en Lugo, aínda que seguen aumentando...

Alivio no número de contaxios covid en Lugo, aínda que seguen aumentando as hospitalizacións

No último día houbo cinco máis ingresados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia segue sen chegar á famosa curva de descenso de casos covid na sexta onda. A pesar de reducirse os casos activos en tres áreas sanitarias e baixar de 7.800 a 4.900 os novos contaxiados, os casos activos aumentan a 72.573, Pola súa banda, os pacientes hospitalizados por este coronavirus ascenden a 610 –que implican 41 máis–, pero a taxa de positividade redúcese a un 18 por cento.

Tamén baixaron o número de probas realizadas. Así, nas últimas 24 horas leváronse a cabo 5.262 PCR –unhas 2.400 menos que a xornada anterior–, que eleva a 3.468.165 as realizadas desde o inicio da pandemia; e 5.987 test de antíxenos –uns 4.200 menos–, que suman 1.296.935. Entre ambos os tipos representan 11.249 probas efectuadas.

Segundo os datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do domingo, mantéñense en 54 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –sen cambios–, mentres que ascenden a 556 as hospitalizadas noutras unidades –41 máis– e 71.963 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio.

No caso da de Lugo seguen seis ingresados pola Covid-19 en UCI e aumentan a 62 os doutras unidades –cinco máis–.

CASOS ACTIVOS

A tendencia ascendente dos casos activos no conxunto de Galicia retardouse no inicio da terceira semana de xaneiro e sitúanse nos 72.573, que supoñen 132 máis que a xornada anterior, ao haber lixeiramente máis contaxios (4.916) que altas (4.782), ao que se engaden dous falecementos. O luns da semana pasada había 67.724 infeccións.

Por áreas sanitarias, os casos activos descenden en tres das sete: Ourense (-251), Santiago e Barbanza (-129) e Lugo (-108).

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...