InicioSociedadeO alcalde de Xermade súmase ás críticas por falta de médicos no...

O alcalde de Xermade súmase ás críticas por falta de médicos no rural: “Antes había tres e agora un por días”

Critica que a veciñanza teña que desprazarse entre 15 e 20 quilómetros para acudir ao centro de saúde de Vilalba.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Xermade, Roberto García, sumouse ás queixas que se repetiron no rural galego pola falta de médicos e este luns protestou porque, “ás veces”, os veciños atópanse con que non hai médico no centro de saúde deste concello, a pesar de que chegou a haber tres facultativos.

Este concello súmase a outros como Ribeira de Piquín, en que a presenza do médico “vai por días”, o que provoca que moitos veciños, neste caso, teñan que desprazarse a Vilalba. “Algún día non hai médico dispoñible e non hai servizo no centro de saúde de Xermade”, queixouse.

É algo “moi preocupante” porque se hai calquera urxencia “queda sen atender ou se desvía a Vilalba, pero ás veces o centro de Vilalba tampouco queren atender porque din que dependen da PAC de Xermade”. Roberto García deixou claro que “o problema é grave, antes había tres médicos e agora só hai un, aínda que ás veces nin sequera iso porque nin o hai”, obxectou.

“ALTERNANDO”

A continuación, precisou que “andan alternando, non hai un médico fixo e iso crea un problema para o veciño porque están adoitados a un médico e cámbiano”. “E o novo ten que estudar todo o historial do paciente e iso é tamén un problema en canto á atención médica”, agregou.

O alcalde de Xermade puntualizou que cando ven obrigados a desprazarse a Vilalba, desde algunha parroquia “poden facer entre 15 e 20 quilómetros”. Este concello da Terra Cha súmase a outros da provincia de Lugo onde se multiplican as queixas pola ausencia de médicos ou de persoal sanitario nos centros de saúde.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...