InicioSociedadeAs Anpas de Lugo reclaman "seriedade" á Xunta no retorno ás aulas...

As Anpas de Lugo reclaman “seriedade” á Xunta no retorno ás aulas tras o Nadal

"Non podemos deixar, nin antes, nin agora coa pandemia, basearnos en criterios económicos que é o que fai a Xunta", destacou.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta de FAPACEL (a federación en Lugo das asociacións de pais e nais), Isabel Calvete, reclamou “seriedade” á Xunta no retorno ás aulas tras o Nadal.

“Reclamamos un pouco de seriedade. O ano pasado por estas datas estábamos nunha situación bastante peor e ninguén se expuxo que as clases empezasen máis tarde”, subliñou.

A tamén vicepresidenta en Galicia apresurouse en puntualizar que “non” se “meten coas decisións sanitarias”, antepondo que “o que decida o comité clínico é o que ten que primar”.

No entanto, Calvete si que se aferrou a que “é un bo momento para reflexionar sobre os cocientes nas aulas, o ano pasado coa distancia de seguridade dun metro e medio tiñamos uns cocientes apropiados pero houbo moita présa por parte da Xunta para volver ao de antes e así estamos”, queixouse.

A presidenta de FAPACEL demandou que se “volva aos cocientes do ano pasado”, de feito lembrou que “é unha reclamación histórica, de aulas con menos nenos e coa atención que se merecen”. Finalmente apelou a que “non podemos deixar, nin antes, nin agora coa pandemia, basearnos en criterios económicos que é o que fai a Xunta”.

“Si temos os cocientes que tiñamos anteriormente (á pandemia) non temos que investir en profesorado”, protestou finalmente Isabel Calvete que insistiu na “falta de seriedade” do goberno galego pola “incerteza” que traslada sobre o reinicio do curso escolar.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...