InicioA UlloaLugo rexistra un récord de contaxios covid nun día, 387

Lugo rexistra un récord de contaxios covid nun día, 387

O número de afectados son case 2.600 en toda a provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia continúa batendo marcas en canto a contaxios por covid-19, que alcanzan este mércores os 4.559 positivo, tamén na provincia de Lugo. Así, increméntanse tamén os casos activos, que superan xa os 32.000, un novo máximo da pandemia. Á súa vez, a presión hospitalaria aumenta ata os 313 pacientes ingresados por covid (oito máis). Por contra, a taxa de positividade das PRC baixa lixeiramente ata o 20,01%.

No que respecta ás novas infeccións, segundo os datos publicados este mércores pola Consellería de Sanidade –actualizados ás 18,00 do martes–, a cifra de 4.559 implica bater a anterior marca de 3.468 casos deste mesmo martes, 28 de decembro.

De todos os positivos notificados na última xornada, a área de Lugo-A Mariña-Monforte rexistrou 387, máis de 150 casos máis que o día anterior, rexistrando un récord de contaxios na provincia. Deste xeito xon xa 2.598 o número de casos activos.

SOBEN OS HOSPITALIZADOS

Se se observan as hospitalizacións, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) contabilizaba este martes ás 18,00 horas –hora tomada como referencia para os datos publicados este martes– un total de 313 pacientes covid ingresados, oito máis que o día anterior. De todos eles, 262 están en planta (13 máis) e 51 en unidades de coidados intensivos (cinco menos).

Con todo, na provincia baixa a presión hospitalaria. Son 12 os hospitalizados en unidades convencionais (dous menos) e cinco en críticos (un menos).

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...