InicioComarca da FonsagradaA FonsagradaO delegado do Goberno anuncia a construción dun novo cuartel da Garda...

O delegado do Goberno anuncia a construción dun novo cuartel da Garda Civil na Fonsagrada

A actuación conta xa con terreos asignados e está pendente da redacción do proxecto, que será elaborado por técnicos do Ministerio do Interior, segundo explica a Delegación do Goberno nun comunicado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O municipio lugués da Fonsagrada terá un novo cuartel da Garda Civil que suporá un investimento de 1,8 millóns de euros procedentes das arcas do Goberno central.

O delegado do Executivo estatal en Galicia, José Miñones, visitou este luns o concello da montaña de Lugo para repasar o proxecto de construción da nova sede da Benemérita na Fonsagrada.

A actuación conta xa con terreos asignados e está pendente da redacción do proxecto, que será elaborado por técnicos do Ministerio do Interior, segundo explica a Delegación do Goberno nun comunicado.

Durante a súa visita, José Miñones reivindicou o “compromiso” co rural do Goberno central como, di, demostra a construción da nova sede da Garda Civil.

“O meu primeiro ano como delegado do Goberno en Galicia comeceino visitando o municipio máis pequeno en extensión da Comunidade Autónoma, Negueira de Muñiz. Hoxe peche o círculo na montaña lucense no municipio máis grande por extensión de Galicia, A Fonsagrada”, incidiu Miñones.

Neste sentido, destacou as actuacións para o rural que contempla o Plan de Infraestruturas de Seguridade do Estado 2019-2025, que ten asignados máis de 5 millóns para a provincia de Lugo, parte deles para levantar o cuartel da Fonsagrada.

DIXITALIZACIÓN DA ADMINISTRACIÓN

Por outra banda, a Subdelegación do Goberno na Coruña informou que os municipios da Coruña, Ferrol e Santiago teñen de prazo ata o mércores para acollerse ás axudas do Goberno para a modernización e dixitalización da administración local.

En total, o tres cidades da provincia coruñesa disporán de 1,5 millóns de euros para subvenciones proxectos e iniciativas de dixitalización. Entre eles poden incluírse actuacións iniciadas desde febreiro do ano 2020.

ÚLTIMAS

Scania busca persoal para o taller que abrirá no Polígono das Gándaras

Scania chega ao Polígono As Gándaras, lugar no que poñerá en marcha un novo...

Cortes ata o 4 de decembro na calzada esquerda da A-6 sentido Madrid por melloras

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable continúa coa execución das obras de rehabilitación estrutural...

Falece un cazador de 55 anos en Cospeito tras ser picado por velutinas

Un home de 55 anos de idade que responde as iniciais J.I.P. faleceu a...

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...