InicioSociedadeDispáranse os casos de Covid na provincia de Lugo

Dispáranse os casos de Covid na provincia de Lugo

Hai 14 hospitalizados nos centros sanitarios da provincia por mor da pandemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os contaxios diarios de Covid-19 en Galicia non dan tregua e, nas últimas horas, marcaron unha nova marca desta sexta onda, con 1.631 casos novos diagnosticados, de maneira que o número de persoas coa enfermidade elévase a 17.227, aínda que se reduciu levemente a presión hospitalaria, con 4 persoas menos na UCI (baixan a 46) e 5 persoas menos en ‘planta’ (baixan a 228). Tampouco Lugo foxe a este gran aumento de casos.

Así se reflicte nos datos feitos públicos este mércores pola Consellería de Sanidade, con información solicitada ata as 18,00 horas do martes), nos que se recollen 1.631 contaxiados máis con respecto ao día anterior, o que supoñen 591 novos casos máis que os diagnosticados 24 horas antes.

Deste xeito, e descontando as altas epidemiolóxicas e falecementos, en Galicia hai 17.227 casos activos de Covid, 974 casos máis que o día anterior. Os novos contaxios subiron en todas as áreas sanitarias, especialmente na de Vigo, onde se concentran máis dun terzo dos casos diagnosticados nas últimas horas.

MÁIS DE 100 CONTAXIADOS

Na área de Lugo, Monforte e A Mariña, rexistráronse 124 contaxios novos e o número de casos activos sobe a 1.153 (87 enfermos máis).

Con respecto á presión hospitalaria, nas últimas horas reduciuse lixeiramente, ao baixar os ingresados en UCI a 46 (catro menos) e os ingresados en ‘planta’ a 228 (5 menos). Na área de Lugo hai 3 pacientes en UCI (dous menos) e 11 en planta (un máis).

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...