InicioA UlloaCase cen novos casos de Covid este xoves na provincia de Lugo

Case cen novos casos de Covid este xoves na provincia de Lugo

O número total de contaxiados é xa de 866.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sexta onda da pandemia de Covid segue batendo marcas de contaxios diarios en Galicia, onde se alcanzaron os 13.835 casos activos da enfermidade, despois de detectarse 1.221 novos contaxios nas últimas horas. A presión hospitalaria contense, cunha leve subida no número de pacientes en camas convencionais, e con 4 enfermos menos na UCI.

Así se reflicte no balance feito público este xoves polo Sergas (con datos recollidos ata as 18,00 horas do mércores), no que se informa de 13.835 casos activos de Covid (504 máis que hai un día), e 276 persoas hospitalizadas (5 máis), das que 49 están en Unidades de Coidados Intensivos. Así mesmo, detectáronse 1.221 contaxios novos, o que supón 81 casos novos máis que hai 24 horas.

Por áreas, na de Lugo, A Mariña e Monforte, hai 99 contaxiados máis e 866 casos activos (32 máis).

PRESIÓN HOSPITALARIA

Con respecto á presión hospitalaria, o número total de pacientes na UCI de Galicia descendeu en 4, ata situarse en 49 persoas; mentres que hai 227 enfermos de Covid en unidades convencionais de hospitalización, é dicir, 9 máis que hai un día. Por áreas, na de Lugo hai 3 pacientes en críticos (un menos) e seguen 12 en ‘planta’.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...