InicioSociedadeOs contaxios na provincia de Lugo superan o medio cento diarios

Os contaxios na provincia de Lugo superan o medio cento diarios

Aumentan tamén os pacientes hospitalizados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A incidencia da Covid-19 en Galicia segue en ascenso e sitúase en 5.973 os casos activos no inicio deste mes de decembro, tras dispararse a 704 os novos contaxios –210 máis que a xornada anterior–, e aumentan a 169 os pacientes hospitalizados por este coronavirus –14 máis–. A taxa de positividad ascende a un 7,7 por cento en Galicia, que supera o tres millóns de PCR realizadas.

Segundo os datos publicados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste martes, soben a 30 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –tres máis– e a 139 as hospitalizadas noutras unidades –11 máis–, mentres que 5.804 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, na de Lugo mantense un en críticos e soben a cinco os hospitalizados en planta –un máis–.

 MÁIS DE 500 CASOS

Galicia roza os 6.000 casos activos de Covid-19 no inicio de decembro, ao situarse en 5.973, que implican 551 máis que a xornada anterior ao haber máis contaxios (704) que altas (152), ao que se engade un falecemento.  En concreto, as infeccións activas aumentan de novo nas sete áreas sanitarias galegas, con Lugo con 58 casos activos, e queda con 548.

REPUNTAN Os CONTAXIOS

Pola súa banda, os novos contaxios de Covid-19 subiron a 704 en Galicia, 210 máis que os 494 da xornada anterior, despois de comezar esta semana con 415. Deles,  49 correspóndense coa área de Lugo.

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo dá luz verde á mellora das estradas provinciais

A xunta de goberno da Deputación de Lugo deu luz verde a licitar, por...

Un xulgado de Lugo condena a Correos a recoñecer unha subida salarial denegado a unha empregada de baixa por maternidade

O xulgado do social número 1 de Lugo condenou a Correos e á Seguridade Social a...

A Audiencia de Lugo absolve por falta de probas a un acusado de agresión sexual á filla menor de idade da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu a un acusado dun delito continuado...

O Goberno inviste 25 millóns de euros para obras na A-6

O Consello de Ministros autorizou este martes a licitación por 25,17 millóns de euros...