InicioSociedadeSoben os casos Covid na provincia

Soben os casos Covid na provincia

Hai un paciente ingresado en críticos e dous en planta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia rexistra un novo ascenso dos casos activos de Covid-19 ata situarse nos 745, que supoñen 221 máis que os 524 de hai unha semana, mentres que os novos contaxios descenden a 54, que implican 19 menos que o día anterior, e os pacientes ingresados por este coronavirus mantéñense en 39. Pola súa banda, a taxa de positividade baixou a un 1,56 por cento.

Segundo os datos publicados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, aumentan a nove as persoas ingresadas en UCI pola Covid –unha máis–, pero descenden a 30 as hospitalizadas noutras unidades –unha menos–, mentres que 706 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias a presión hospitalaria mantense na de Lugo, onde hai un ingresado en críticos e dous en planta.

CASOS EN ASCENSO

Os casos activos de Covid-19 seguen en ascenso por oitava xornada consecutiva en Galicia e sitúanse en 745, que supoñen 26 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (54) que altas (28). Estes constitúen 221 infeccións activas máis que hai unha semana. As infeccións activas ascenden en Lugo (+3), que sobe a 56.

BAIXAN OS CONTAXIOS

Os novos contaxios de Covid-19 arrincan esta semana con 54, que supoñen 19 menos que os 73 da xornada anterior, mentres que fai sete días reducíronse a 33. Ata a data, o luns 11 de outubro rexistráronse 14, a cifra máis baixa desde que Galicia entrou en niveis de ‘nova normalidade’.

Os 54 novos contaxios foron confirmados por probas diagnóstica de infección activa nas últimas 24 horas, dos cales catro son da área de Lugo.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...