InicioSociedadeRubén Arroxo quere subvencionar con 200 euros as lápidas do cemiterio municipal...

Rubén Arroxo quere subvencionar con 200 euros as lápidas do cemiterio municipal que estean en galego

"Desde o goberno de Lugo continuamos realizando distintas campañas para promocionar o uso da lingua galega", di Rubén Arroxo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o Concello estuda lanzar axudas de 200 euros para que as familias que o desexen poidan galeguizar as lápidas dos seus defuntos no cemiterio municipal. En concreto, o goberno local habilitará un fondo de 10.000 euros nos seus orzamentos para 2022.

Así o traslada o seu departamento este domingo despois de que esta semana tanto Arroxo como a concelleira de Participación, Cristina López, visitasen o camposanto nos días previos á celebración do 1 de novembro.

“Desde o goberno de Lugo continuamos realizando distintas campañas para promocionar o uso da lingua galega, neste caso no cemiterio municipal, para garantir que todas as familias que o desexen poidan ter as lápidas dos seus defuntos en galego“, explicou o tenente de alcalde.

Trátase dunha proposta que o goberno lucense recolle da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística, que este mesmo sábado presentaba a campaña ‘En galego, agora e sempre’ no cemiterio de Romea, en Lalín (Pontevedra).

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...