InicioPolíticaO Parlamento reclama á Xunta unha "atención sanitaria completa" en Castro de...

O Parlamento reclama á Xunta unha “atención sanitaria completa” en Castro de Rei

O BNG lamentou que, ademais, tamén permanezan pechados os ambulatorios de Parga e Baamonde "usando como coartada a Covid-19".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Parlamento galego reclama, a través dunha proposición non de lei aprobada este xoves por unanimidade en comisión parlamentaria, á Xunta que garanta a “atención sanitaria completa” no municipio de Castro de Rei.

A iniciativa parlamentaria, defendida polo BNG e que contou co apoio do PP e do PSdeG, insta á Xunta a que “garanta a carteira de servizos sanitarios no centro de saúde de Castro Ribeiras de Lea para toda a poboación, garantindo as condicións laborais do persoal e a correcta atención sanitaria á poboación”.

A través da mesma iniciativa a Cámara pide que se “posibilite que as persoas con patoloxías crónicas teñan a atención necesaria para as súas patoloxías, entre elas a receita periódica“, de modo que “non teñan problemas coa súa farmacia”, engade.

Así mesmo, insta á Xunta a que permita que as persoas con Covid “se sintan acompañadas xunto coas súas familias, desde o punto de vista médico, humano e psicolóxico”. Ademais, pide que “restaure e manteña a atención sanitaria completa” no municipio de Castro de Rei e no centro de saúde de Castro Ribeiras de Lea.

Por parte do BNG lembrouse que ese centro de saúde estivo “baixo mínimos durante o verán” con “un só médico para atender a máis de 5.000 habitantes cando son necesarios catro facultativos”. A parlamentaria do BNG Olalla Rodil, que defendeu esta iniciativa, lamentou que, ademais, tamén permanezan pechados os ambulatorios de Castro de Rei, Parga e Baamonde “usando como coartada a Covid-19”.

“MEDIDA CONCRETA”

Así, incidiu en que o médico que atendía o ambulatorio de Castro de Rei “é o único que atende boa parte dos días no centro de saúde de Castro Ribeiras de Lea”. A deputada do BNG resaltou nun comunicado que se acollen a este “acordo unánime” coa “esperanza de que se materialice nalgunha medida concreta e non circunscribilo ás curas dunha enfermeira para xustificar que se está recuperando a atención sanitaria” co médico de cabeceira.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...