InicioSociedadeSeguen baixando os contaxios e os hospitalizados covid en Lugo

Seguen baixando os contaxios e os hospitalizados covid en Lugo

Mentre repuntaron os casos activos no resto de Galicia, na áea sanitaria lucense mantiveronse estables.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia afronta o final da semana da ponte do 12 de outubro cun repunte dos novos contaxios de Covid-19 ata os 38 –que supoñen 22 máis que a xornada anterior–, mentres que descenden a 38 os pacientes ingresados por este coronavirus –cinco menos– e os casos activos aumentan lixeiramente ata o 472 –seis máis–. Polo seu lado, a taxa de positividad aumenta a un 1,6 por cento.

Segundo os datos publicados este venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, descenden a sete as persoas hospitalizadas pola Covid en UCI –tres menos– e baixan a 31 os ingresados noutras unidades –dúas menos–, mentres que 434 pacientes atópanse en seguimento en domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en Lugo, onde baixan a dous os pacientes Covid ingresados en UCI –un menos– e segue un en planta.

BAIXAN OS CASOS ACTIVOS

Os casos activos de Covid-19 aumentan lixeiramente a 472, seis máis, ao haber máis contaxios (38) que altas (30), ao que se engaden dous falecementos. Trátase do segundo incremento desta semana tras o rexistrado o martes. Pero este incremento non se dá na área sanitaria de Lugo, onde as infeccións activas descende  (-9) e queda con 71.

AUMENTAN OS CONTAXIOS

Pola súa banda, os novos contaxios de Covid no conxunto de Galicia repuntan a 38, que supoñen 22 máis que os 16 detectados este xoves; tras os 31 do mércores; 33 do martes e arrincar a semana con 14, a cifra máis baixa desde que Galicia entrou en niveis de ‘nova normalidade’.

Sanidade indica nos seus datos que dos novos positivos confirmáronse 37 nas últimas 24 horas a través de Probas de Detección de Infección Activa, deles tres, na provincia de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Detido un home por entrar ilegalmente na vivenda da súa irmá en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...