InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo denunciará a revenda de entradas para concertos do...

O Concello de Lugo denunciará a revenda de entradas para concertos do San Froilán

Nun comunicado remitido aos medios, a edil de Cultira, Maite Ferreiro, pediu aos veciños que non compren entradas para concertos nin para outras actividades que non procedan do portal habilitado para ese efecto pola o Concello de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os servizos xurídicos do Concello de Lugo porán en coñecemento da Policía a revenda de entradas que se está producindo cos concertos do San Froilán 2021.

Así o anunciou a edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, quen explicou que nos últimos días observaron nas redes sociais distintos anuncios sobre revenda de entradas, unhas situacións que porán en coñecemento das autoridades para que realicen investigacións e apliquen os protocolos habituais.

Nun comunicado remitido aos medios, pediu aos veciños que non compren entradas para concertos nin para outras actividades que non procedan do portal habilitado para ese efecto polo o Concello de Lugo.

Maite Ferreiro explicou que os billetes para todas as actividades entregáronse de forma gratuíta a través do portal de venda de entradas, como forma de control de aforamento e asistencia.

“Tal e como se indica na web do San Froilán, as entradas son válidas ata cinco minutos antes do inicio do espectáculo, e unha vez cuberto esa marxe de tempo cubriranse as localidades libres en cada recinto coas persoas que se achegasen sen entrada”, sinala.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...

Méndez cre que o papel de María Reigosa “demostra que Candia mercadea con Lugo” e avisa: “Pasará factura”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, cre que o papel de María...

A Deputación aproba destinar 300.000€ a Taboada e Trabada para mellorar varias dotacións locais

    A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou destinar 300.000€ aos concellos de...

Candia comeza o seu mandato retirando unha bandeira palestina e reuníndose con representantes do persoal municipal

A popular Elena Candia arrincou a súa nova etapa como alcaldesa de Lugo e...