Home A Ulloa Soben as hospitalizacións con Covid, aínda que os novos contaxios son residuais

Soben as hospitalizacións con Covid, aínda que os novos contaxios son residuais

0
Soben as hospitalizacións con Covid, aínda que os novos contaxios son residuais
Un paciente con Covid-19 é trasladado ao hospital / Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Galicia inicia esta semana con 741 casos activos de Covid-19, polo que mantén a tendencia descendente, e cunha caída de novos contaxios a 28, mentres que os hospitalizados aumentan lixeiramente por terceiro día consecutivo ata o 56 –un máis–. Polo seu lado, a taxa de positividade sobe a un 1,3% na Comunidade galega.

Segundo os datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas do domingo, aumentan a 13 as persoas diagnosticadas con Covid-19 ingresadas en UCI –unha máis– e mantéñense 43 ingresadas noutras unidades, mentres que 685 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta lixeiramente en Lugo, onde aínda que seguen dous pacientes Covid en UCI, aumentan a seis os ingresados noutras unidades –un máis–.

CASOS EN DESCENSO

Os casos activos de Covid-19 manteñen a tendencia descendente e, tras baixar do milleiro o pasado venres, sitúanse en 741, que supoñen 41 menos ao haber máis altas (68) que novos contaxios (28), ao que se engade un falecemento. As infeccións activas descenden en Lugo (-15) que queda con 119 casos activos.
MENOS DE 30 CONTAXIOS
Os novos contaxios de Covid-19 descenden de novo por baixo da trintena no conxunto de Galicia ata os 28, que constitúen sete menos que os 35 da xornada anterior. A semana pasada o rexistro máis baixo correspondeu ao xoves, con 22. Nas últimas 24 horas detectáronse 29 positivos –algún corresponde a casos xa detectados– por proba de infección activa, seis menos que o día anterior, dos que cinco corresponden á áre de Lugo.
+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here