Os novos contaxios de Covid-19 aumentan a 84 en Galicia, pero seguen por baixo do centenar, mentres que os casos activos manteñen a tendencia descendente e sitúanse en 1.819 a puno de iniciarse o otiño. Os pacientes hospitalizados por este coronavirus redúcense a 79 –oito menos que a xornada anterior– e a taxa de positividade aumenta lixeiramente a un 2,8 por cento.
Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este mércores, con rexistros ata as 18,00 do martes, baixan a 23 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid –unha menos– e a 56 as que se atopan noutras unidades –sete menos–. Polo seu lado, hai 1.740 pacientes en seguimento nos seus domicilios.
A presión hospitalaria descenden en Lugo con tres pacientes Covid en UCI –un menos– e a 13 os ingresados noutras unidades –dous menos–.
CASOS EN DESCENSO
En canto as infeccións activas volven descender en seis das sete áreas sanitarias, salvo na de Ourense, na que aumentan lixeiramente (+2). Á cabeza na baixada está a da Coruña e Cee (-43); seguida da de Vigo (-28); Lugo (-13); Pontevedra e O Salnés (-9); Santiago e Barbanza (-8) e Ferrol (-8). Deste xeito, Lugo queda con 343.
AUMENTO DE CONTAXIOS
Os contaxios de Covid-19 aumentaron a 84, o que supón 36 máis que os 48 da xornada anterior, tras arrincar a semana con 61, polo que se manteñen ao termo do verán por baixo do centenar. Do total, 20 corresponden á área de Lugo.