InicioSociedadeFamiliares das vítimas do Cash Record: "Vemos que o noso traballo deu...

Familiares das vítimas do Cash Record: “Vemos que o noso traballo deu os seus froitos tras 27 anos”

Cren que o único sospeitoso do dobre crime, un hostaleiro de Burgos que, no momento dos feitos, rexentaba un bar na Rúa Nova da cidade de Lugo, pode acabar sentado no banquiño dos acusados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As familias das dúas vítimas do dobre crime do Cash Record de Lugo, rexistrado en marzo do ano 1994, confían en que, tras “27 anos de espera”, finalice a investigación e o único sospeitoso dos feitos sexa xulgado.

En declaracións aos medios este xoves, familiares de Elena López e Esteban Carballedo manifestaron a súa satisfacción pola desestimación do recurso interposto contra o auto que procesa por dous delitos de asasinato, un de roubo con violencia nas persoas e un delito de tenencia ilícita de armas ao único investigado polo dobre crime do Cash Record.

Así, consideran que este podería ser o paso “definitivo” para sentar no banco dos acusados ao único sospeitoso do dobre crime, un hostaleiro de Burgos que, no momento dos feitos, rexentaba un bar na Rúa Nova da cidade de Lugo.

O suceso remóntase a finais do mes de marzo de 1994 cando, no polígono industrial do Ceao, faleceron tiroteados unha caixeira, Elena López, e un repoñedor, Esteban Carballedo. O autor do crime abandonou o establecimento cun botín de 5 millóns de pesetas (30.000 euros).

Tras o auto do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo, a irmá da caixeira, Isabel López, valorou “moi positivamente” a decisión dos tribunais. “A verdade nos nosos adentros contabamos que iso ten que ser así, o que pasa é que como este proceso sempre tivo tantos reveses, dubidabamos. Estamos moi contentos e agora hai que esperar o que determina a Audiencia Provincial”, subliñou.

Isabel López cre que este pode ser un paso “definitivo” para que se abra o xuízo oral contra este hostaleiro que agora reside en Burgos e que, para as familias, sempre foi sospeitoso das mortes de Esteban Carballedo e Elena López. “Nunca chegamos tan lonxe e por iso estamos contentos porque vemos que o noso traballo deu os seus froitos“, sentenciou a irmá de Elena López. “Imos ir ata o final”, apostilou.

ÚLTIMAS

Tarxerta verde da UNESCO para o Xeoparque Montañas do Courel

O Xeoparque Montañas do Courel que comprende os concellos de Ribas de Sil, Quiroga e...

O goberno de Lugo celebra o aval xudicial á demolición do Garañón

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, celebrou este mércores que as tres sentenzas que...

Lugo aproba inicialmente o novo plan de emerxencias municipal

O Executivo local aprobou inicialmente o novo plan de emerxencias municipal, un documento aberto...

Un operario resulta ferido tras ser atropelado por un camión nun tramo de obras da A-6 en Baralla

Un traballador do servizo de mantemento de estradas resultou ferido ao ser atropelado por...