InicioSociedadeAcreditada ao Campus de Lugo a especialización no sector do medio ambiente...

Acreditada ao Campus de Lugo a especialización no sector do medio ambiente e dos recursos da terra

O Diario Oficial de Galicia recolle este mércores esta distinción coa máxima cualificación. Significa que se manterá, de entrada, durante un período de catro anos en continúa revisión por un comité avaliador.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta concede ao Campus Terra de Lugo, dependente da Universidade de Santiago de Compostela (USC), a acreditación de centro especializado nas áreas de agricultura, gandaría e sector forestal sustentables.

O Diario Oficial de Galicia recolle este mércores esta distinción coa máxima cualificación. Significa que se manterá, de entrada, durante un período de catro anos en continúa revisión por un comité avaliador.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez e o reitor da USC, Antonio López, presentaron este selo de calidade que leva un apoio económico “a maiores” que se abordará nun convenio entre ambas as institucións. Este recoñecemento de especialización en determinadas áreas foi outorgado no seu día ao Campus Industrial de Ferrol.

O propósito é “pór en valor os campus non centrais a través dunha identidade propia relacionada coa súa contorna, á vez que se converten en impulsores da investigación e do desenvolvemento económico”, declarou Román Rodríguez.

Segundo explica a Xunta, esta estratexia dirixida ao Campus Terra de Lugo foi iniciada “polo Goberno galego en 2013”.

Agora permítelle “converterse en referente científico e social en aspectos como a produción vexetal, agricultura sustentable, produción e saúde animal, alimentación segura e saudable e a xestión forestal sustentable”, apuntaron a Consellería.

+ posts

ÚLTIMAS

Piden cinco anos de cárcere para unha moza por introducir droga no cárcere de Bonxe (Lugo)

A Audiencia Provincial de Lugo acolle este luns, 16 de novembro, unha vista preliminar...

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...