InicioSociedadeA hostalaría lucense "satisfeita" tras permitir a Xunta que sexan eles os...

A hostalaría lucense “satisfeita” tras permitir a Xunta que sexan eles os que regulen os niveis de seguridade

Algúns hostaleiros seguen pensando que "o certificado Covid" é a solución máis adecuada e confían en que o TSXG acepte os argumentos esgrimidos pola Xunta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente de Hostalaría de Galicia e da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (APEHL), Cheché Real, expresou a súa “satisfacción máxima” polo acordo alcanzado coa Xunta de Galicia para implementar un protocolo estable que permita aproveitar “a máxima capacidade” posible dos locais na actual situación de alerta sanitaria.

Real deixou moi claro que esa negociación veu provocada pola denuncia e posterior resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que deixou en suspenso a obrigación de presentar “un certificado de garantía sanitaria” para acceder aos locais de hostalaría.

De feito, insistiu en que para os hostaleiros esa era “a mellor opción”, pero a resolución xudicial obrigou ao sector e á Xunta de Galicia “a sentar para negociar unha e mil formas de garantir que se aproveite ao máximo a capacidade dos locais”, á vez que se garante a seguridade de clientes e traballadores do sector.

En todo caso, afirmou que algúns hostaleiros seguen pensando que “o certificado Covid” é a solución máis adecuada e confían en que o TSXG acepte os argumentos esgrimidos pola Xunta de Galicia no recurso que presentou á súa primeira resolución.

Por outra banda, tamén aclarou que, en función de como vaia evolucionando a pandemia, o obxectivo último da hostalaría galega é “alcanzar canto antes o 100% da capacidade dos seus locais, como sucede con calquera outra empresa”. Á espera de coñecer a resolución do comité clínico sobre o documento consensuado, Real precisou que o acordo establece dous niveis diferentes, de forma que os locais que traballen no nivel 1 poderán abrir ao 50% do seu aforamento no interior e ao 75% en terrazas, con independencia da situación sanitaria do municipio.

En canto ao nivel 2, que implica outras condicións, os hostaleiros poderán usar o 75% do aforamento no interior dos seus locais e o 100% en terrazas, ademais de permitir a reapertura e uso das barras.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...