InicioSociedadeOs datos da covid non melloran na provincia de Lugo

Os datos da covid non melloran na provincia de Lugo

Estáncanse os casos activos e aumenta lixeiramente a presión hospitalaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os datos de evolución da covid publicados este xoves pola Consellería de Sanidade reflicten que continúa a evolución positiva da pandemia en Galicia, posto que melloran todos os indicadores. Aínda que os novos contaxios volven estar por encima dos 300, seguen moi por baixo da media de casos da quinta onda. Ademais, a taxa de positividade das PCR (o número de positivos por cada 100 probas realizadas) continúa sendo inferior ao límite do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia. Con todo, Lugo é unha das áreas sanitarias nas que os indicadores están estancados ou empeoran.

Ademais, as infeccións activas continúan á baixa, con 293 negativos máis nas últimas 24 horas, e a presión hospitalaria prosegue lentamente na liña de alivio que viña marcando nos últimos días, con catro pacientes menos ingresados por covid nos hospitais galegos. Así, segundo eses datos (que reflicten información solicitada ata as 18,00 horas do mércores), nas últimas 24 horas rexistráronse 334 novos contaxios por Covid en Galicia, fronte aos 329 notificados un día antes.

Segundo notificou o Sergas, na última xornada detectáronse 59 novos contaxios na área de Lugo. De feito, os casos activos descenden en todas as áreas, excepto a de Lugo, onde se estabiliza con 1.402 infeccións (sen cambios), por detrás da Coruña, que continúa á cabeza da relación de casos activos, con 1.871 (122 menos).

PRESIÓN HOSPITALARIA

Con respecto á presión hospitalaria, nas últimas horas contabilizáronse 53 pacientes en UCI (un máis que nas últimas 24 horas) e 153 hospitalizados en unidades convencionais (tres menos). Por áreas, a carga hospitalaria aumenta, aínda que levemente, nas áreas de Lugo, con 29 pacientes en planta (+6) e catro en UCI (sen cambios).

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...