InicioSen categorizarOs gromos de Monforte provocan que a incidencia na provincia siga sendo...

Os gromos de Monforte provocan que a incidencia na provincia siga sendo alta

Só houbo un descenso de cinco casos activos, cando no conxunto de Galicia a baixada é destacada.

PUBLICADA O

Na última xornada produciuse un repunte do número de hospitalizados pola covid-19 en Galicia con dez máis, até os 255, mentres continúa a baixada de casos e de contaxios, con 305, o que supón 87 menos que un día antes. Na área de Lugo, pola contra, seguen aumentando o número de casos polos gromos de Monforte e tamén a presión hospitalaria.
Segundo os datos do Servizo Galego de Saúde (Sergas) das 18 horas de onte domingo, 29 de agosto, hai 255 persoas ingresadas nos hospitais por esta enfermidade, das que 201 atópanse en unidades convencionais, once máis que no sábado, e 54 en UCI, unha menos. Pola contra, a cifra de persoas con infección activa segue en descenso e sitúase en 8.275, o que supón 332 menos. Os contaxios tamén descenden, con 305 fronte aos 392 do día anterior.
Por áreas sanitarias, o descenso de casos é xeneralizado, mesmo nas de Lugo e Santiago onde nos últimos días incrementouse a incidencia polos gromos en Monforte e Ordes. Así, Lugo só baixou cinco casos activos, ata os 1.457.
A cifra de PCR realizadas na comunidade ascende a 2.737.418, das que 4.342 corresponden á última xornada, e fixéronse 786.925 test de antíxenos e 1.095.062 doutras probas de detección.
+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...