InicioSociedadeO goberno local de Lugo pide consenso na decisión sobre a celebración...

O goberno local de Lugo pide consenso na decisión sobre a celebración do San Froilán no recinto feirán

"O San Froilán do ano pasado foi un exemplo de como levar a cultura ás rúas nun momento complicado da pandemia", explicou a edil a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que buscará o consenso da comisión de festas para decidir sobre a volta do recinto feiral de cara ao San Froilán 2021.

“Trátase dunha decisión importante para o desenvolvemento do San Froilán deste ano que queremos acordar con todos os grupos da corporación”, sinala nun comunicado a edil de Cultura.

“O San Froilán do ano pasado foi un exemplo de como levar a cultura ás rúas nun momento complicado da pandemia”, explicou a edil, que afirmou este ano traballan con distintos formatos.

“Para poder levar adiante esta edición do San Froilán segundo vaia avanzando a situación sanitaria, co obxectivo de garantir en todo momento o cumprimento das medidas de prevención, mantendo viva a gran festa do outono galego”, recalca.

Respecto diso, avanza que a reunión da comisión de festas realizarase á volta do verán. A comisión de festas está composta por oito integrantes, tres do grupo municipal socialista, dous do Popular; dous do BNG e un en representación de Ciudadanos, ademais do xefe de Servizo de Cultura, que actúa como secretario da Comisión.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...