InicioSociedadeDetectados 49 positivos na residencia das Gándaras en Lugo a maioría asintomáticos

Detectados 49 positivos na residencia das Gándaras en Lugo a maioría asintomáticos

Na residencia, titularidade da Xunta, someteuse ao cribado aos ao redor de 180 usuarios deste centro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A residencia das Gándaras, a de maior dimensión de Lugo, contabiliza un total de 49 positivos, a maioría asintomáticos, despois de que un dos residentes fose ingresado con covid no hospital Lucus Augusti.

Fontes da Consellería de Política Social explicaron que se iniciou un dispositivo para comprobar a situación e que se cumpren os protocolos para separar aos residentes positivos dos que deron negativo no cribado organizado pola Xunta.

Na residencia, titularidade da Xunta, someteuse ao cribado aos ao redor de 180 usuarios deste centro. Nos últimos días, explicaron as mesmas fontes, reforzáronse as mensaxes chamadas a extremar a precaución en todas as visitas nos centros, así como nas saídas dos usuarios, xunto con reforzo nas mensaxes de hixiene.

A presidenta do comité de empresa, Marta Regueiro, confirmou que “se seguen realizando probas e estanse facendo PCRs a todo o persoal”, que suma máis de cen traballadores.

A presidenta do comité de empresa confesou que o persoal “está nervioso”, unha situación da que experimentan “fai máis dun ano”. Con todo, nesta residencia non se produciu ningún caso en toda a pandemia ata este momento.

García constatou que os traballadores “están un pouco desbordados, aínda que a intención é reforzar o persoal e a ver como se dá”. A sindicalista finalmente subliñou que se tivo coñecemento “do primeiro usuario que se atopaba mal o fin de semana, fíxoselle a proba e deu positivo, para xa despois facer un cribado”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...