InicioSociedadeBaixa a presión hospitalaria pero aumentan os contaxios ás portas do festivo...

Baixa a presión hospitalaria pero aumentan os contaxios ás portas do festivo do 15 de agosto

Houbo case 90 novos contaxios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presión hospitalaria por enfermos de covid-19 incrementouse en Galicia, con sete pacientes máis este xoves, así como os contaxios por coronavirus, un total de 821, en vésperas do inicio do fin de semana festivo no que as autoridades sanitarias instaron a extremar as medidas de seguridade pola pandemia.

Segundo os datos do Servizo Galego de Saúde (Sergas) das 18:00 horas deste xoves, pese ao incremento de pacientes en hospitais e ao repunte de contaxios, continúa descendendo o número de persoas con infección activa, aínda que a un ritmo menor que os días anteriores, con 390 menos, até situarse en 15.156.

PRESIÓN HOSPITALARIA

En total hai nos hospitais galegos 324 persoas ingresadas enfermas de covid-19, das que 269 están en planta, tres máis que o mércores, e 55 na UCI, catro máis. Despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulase a esixencia do certificado covid para entrar nos locais de hostalaría, este venres a Xunta reúnese cos mandos policiais para ultimar o operativo da fin de semana, á espera da petición do Goberno galego de que ese requisito poida estar en vigor.

Por áreas sanitarias, a de Lugo ten 45 pacientes (-4), dos que sete se atopan en coidados intensivos (sen cambios) e 38 (-4) en planta.

INCIDENCIA

Desde o inicio da epidemia en Galicia contaxiáronse 169.077 persoas e recuperáronse 151.443, das que 1.207 foron na última xornada. A cifra de falecidos ascende a 2.508, tras o catro mortes comunicadas polo Sergas nas últimas horas.

A incidencia acumulada en Galicia é de 508,14 casos por cen mil habitantes a catorce días, 17 puntos inferior á de onte, aínda que segue por encima da media española, de 483,12. A taxa de positividade das probas realizadas baixou ao 10,77 %, fronte ao 13,57 % nacional, segundo os datos facilitados onte xoves polo Ministerio de Sanidade.

Por áreas sanitarias, Lugo dianosticou 89 novos caos e queda con 1.585 casos activos.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...